Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo - Rúa San Lázaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación relixiosa de planta rectangular, muros revocados en cemento e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e unha pequena espadana dun so oco con remate en cruz de ferro e pináculos de bola nos laterais.
Nunha das fachadas laterais vemos unha porta de aceso e, sobre ela, un pequeno escudo da vila de Ribadeo.

O que hoxe podemos ver é unha reconstrución do ano 1844.
Esta edificación relixiosa é o único resto que queda do antigo hospital de leprosos de San Lázaro fundado no século XIV e que desapareceu no segundo terzo do século XVIII.

Existen referencias bibliográficas que falan da existencia da leprosaría con anterioridade ao ano 1327.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O seu interior alberga varias imaxes como a do patrón da capela co seu can (do século XVIII), Santo André e San Nicolás (dos séculos XVI), e un San Xosé (do século XVII).

Nun dos muros laterais existe unha pequena capela con porta independente. Ao carón da porta existe un peto para as esmolas.
No interior da capela vemos unha imaxe de San Lázaro do século XVII


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca008.PDF (ficha 08.07 – páxina 9)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=164&c=001,002,004&lg=gal
https://xacopedia.com/Ribadeo

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.534626699495
Lonxitude: -7.0466861519001
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84