Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: Vilar (San Pedro)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de salón con muros portantes de cachotería enfoscada e cantería. En planta distinguimos: unha nave rectangular e un presbiterio cuadrangular ca sancristía acaroada no seu muro leste. A presbiterio é rectangular e sobrepasa en altura a nave principal sendo a sancristía de menor altura. A cuberta da nave principal resólvese a dúas augas, a catro o presbiterio e a tres a sancristía, con cubrición de tella curva do país.
No interior, a ábsida cóbrese con bóveda de canón reforzada por un arco faixón sobre pilastras, ó igual que a sancristía e maila nave. A sancristía posúe un acceso practicado no muro leste da ábsida, cuberta esta con bóveda de canón.
A fachada, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha fornela rectangular coa imaxe pétrea do santo titular. Máis arriba, un van rectangular que serve para dar luz ó coro interior. Rompendo o vértice da fachada unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por dous pináculos con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moi moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. Cada arco ten uns balaustres pétreos. O segundo corpo sobre cornixa, un frontón triangular curvo cun oco en arco de medio punto central, franqueado por dous pináculos piramidais. Remata o conxunto un pináculo con bóla e unha cruz octogonal sobre o frontón.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol. X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA001.pdf (Páx. 9).
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ZAS/documents/26250CA005.pdf (Pax. 3).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.109316675771Lonxitude: -8.9578886535994
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84