Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Sísamo (Santiago)
Lugar: Adro da Igrexa de Sísamo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado en chafráns e cunha mesa acaroada. Ten un varal octogonal que remata en cadrado. O seu capitel é cuadrangular moldurado. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre o peito e sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/0095CA001.PDF (Páx.8).
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/0095CA006.PDF (Páx.1).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.213167725187Lonxitude: -8.7234003584913
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84