Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo - Rúa Clemente Martínez Pasarón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conxunto de planta cadrada formado por un edificio de planta rectangular, unha igrexa e un claustro.
No lintel da porta principal podemos ver unha lenda que reza o seguinte:
“HAEC EST DOMUS PAUPERTATIS
PALABRAS QUE SANTA CLARA MANDÓ PONER EN LA PUERTA DE SU MONASTERIO”.

O claustro é unha obra do século XVIII, con tres andares; o primeiro andar posúe arcos de medio punto, e o resto arcos abertos. No último andar existe unha cociña monástica do século XVII.

O convento de Santa Clara sufríu un incendio o 12 de agosto de 1.544 (festividade de Santa Clara), que afectou gravemente ao conxunto.
En 1809, na Guerra da Independecia, foi ocupado polas tropas napoleónicas. Foi gravemente danado e perdeu boa parte do seu arquivo.

Este conxunto arquitectónico que ten a súa orixe nunha pequena ermida onde se fundou un beatorio de monxas no século XI. No ano 1366 transformouse en convento, tal e como se pode ler nunha referencia bibliográfica dese mesmo ano no que Ruy Sánchez (vicario xeral de Santiago e coengo de Mondoñedo) fai entrega a Pedro Ares (vicario xeral de Mondoñedo) de 80 maravedís cortos, “por las vinnas que tomaron aa dita amistración en Ribadeu para fazer o moesteyro de Santa Crara”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición oral conta que o incendio do ano 1544 se apagou grazas á axuda da propia santa, ao sofocar o lume co seu hábito.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca008.PDF (ficha 08.09 – páxina 11)
http://ribadeo.gal/patrimonio/ficha.php?id=168&c=001,002,006&lg=cas
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5331/santa-clara?langId=es_ES&tp=8&ctre=34
https://declausura.org/monasterio/convento-de-santa-clara-ribadeo-a-coruna
https://www.uparibadeo.net/clarisas
http://xurdemoran.blogspot.com/2014/12/convento-de-santa-clara-y-antiguo.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.534952266105
Lonxitude: -7.0397613764769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84