Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Sísamo (Santiago)
Lugar: Sísamo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta de cruz latina coa sancristía apegada ó muro norte da cabeceira. No interior, posúe unha bóveda de canón continua feita en cantería. Un arco faixón, apoiado sobre columnas apegadas, actúa como elemento diferenciador dos espazos da nave e presbiterio. As capelas laterais accédese a través dun arcos de medio punto. Os muros interiores están recebados e caleados, o que fai que a bóveda, de pedra á vista, apareza resaltada.
O exterior, de gran sobriedade, presenta unha fachada con catro pilastras pareadas, de orde xigante, sobre as que se sustenta o friso que dá paso a un frontón triangular e unha torre-campanario centrada. Esta torre, de planta cadrada e grande esvelteza, componse de dous corpos: un primeiro que posúe catro machóns unidos por arcos de medio punto, e un segundo, sustentando por unha cornixa con pináculos, sobre o que asenta unha pequena cúpula.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/0095CA001.PDF (Páx.8).
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/0095CA006.PDF (Páx.1).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.213186268503
Lonxitude: -8.7231273732584
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84