Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carballo
Parroquia: Vilela (San Miguel)
Lugar: Vilela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
igrexa de planta rectangular, de única nave cuberta con bóveda de medio canon. A estrutura da cuberta é a dúas augas con tella curva do país.
Do interior, no que a penas existen elementos decorativos, cabe destacar o retablo do altar malor, de peculiar policromía.
A fachada principal, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular adoelada. Sobre o ingreso unha pequena xanela rectangular abucinada e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos. O primeiro corpo formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares moldurados e serve para aloxar a campá. O segundo corpo sobre cornixa, un pequeno frontón triangular curvo cun oco circular central, franqueado por dous pináculos piramidais. Remata o conxunto un pináculo piramidal sobre o frontón cunha cruz de forxa enriba.
Edificio de traza sinxela que configura un recinto moi elevado sobre o núcleo, constituíndo un espléndido mirador sobre a costa, caracterizándose como elemento de referencia visual no seu entorno paisaxístico.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca003.PDF (PÁX.13).
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca021.PDF (Páx.7).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.27448087107Lonxitude: -8.6502735996994
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84