
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vilalba
Parroquia: Santaballa (San Pedro)
Lugar: Bordelle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificación relixiosa reconstruída a comezos do século XX, de planta rectangular, muros revocados en morteiro e cuberta a dúas augas con xisto. Nos esquinais vemos pináculos de punta de diamante. A sancristía atópase adosada a un dos muros laterais.
Na fachada principal aparece unha porta de aceso lintelada cuberta cun pequeno tellado a tres augas. Máis arriba unha pequena fiestra con arco escarzano. O conxunto remata cunha espadana dun so oco que remata cunha cruz metálica sobre un pedestal e pináculos de punta de diamante nos laterais.
Fronte á ermida podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/112259/2021/12/cruceiro-da-capela-de-santiago-de-bordelle/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
O interior da ermda alberga varias imaxes como as de Santo Antonio de Padua (do século XVII), Santiago peregrino e Santiago (dos séculos XVIII) e outras de estilo popular dos séculos XV ou XVI.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=302
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.365031079227Lonxitude: -7.7462872207779
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84