Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Santaballa (San Pedro)
Lugar: Bordelle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fronte á ermida de Santiago de Bordelle (http://patrimoniogalego.net/index.php/112255/2021/12/capela-de-santiago-de-bordelle/) podemos ver este cruceiro realizado polos canteiros dos Carboeira (da parroquia de Santa Baia de Román) que nace sobre Plataforma de tres chanzos de sección cadrada.
A súa base troncopiramidal posúe unha lenda inscrita nun dos seus lados no que figura o ano da súa feitura: 1894.
A continuación o varal que nace en sección cadrada e continúa en octogonal na parte central. Nesta sección central podemos ver varios símbolos da Paixón: escada, espada, renaces, martelo e puntas
A última parte do varal volve ser de sección cadrada con decoración de relevos de rombos e roeis.
O capitel é de sección cadrada e decorado con volutas e querubíns. Na súa cornixa superior podemos ver unha inscrición de difícil lectura.
O cruceiro remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzados con botón central. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI e acompañado por dúas imaxes (un deles semella Santiago) no anverso, e a imaxe da Piedade no Reverso.

Segundo se recolle nunha das referencias bibliográficas, “…foi destruido durante a guerra civil e reconstruído posteriormente…”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

SANTABAIA


http://cruceirosdegalicia.xyz/270652403.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.

BLANCO PRADO, José Manuel. (2015). Relación entre os cruceiros e cruces da Terra Chá e os seus santuario. Concello de Vilalba (IV). Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros. Ed: Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas.

VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude:
Lonxitude:
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84