Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Santaballa (San Pedro)
Lugar: O Carrizo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base, de forma trotroncopiramidal, posúe inscricións de difícil lectura pola súa erosion.
O varal posúe sección cadrada nos estremos e de arestas rebaixadas na parte central. Nel podemos ver varios símbolos da Paixón: unha escada, tenaces e martelos. O extremos final do varal aparece decorado con rombos e roeis.
A continuación o capitel, de sección cadrada, con volutas e caras de querubíns.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzados, na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con coroa e apoiada sobre unha pequena peaña no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este cruceiro foi restaurado entre febreiro e xuño de 2018 por Mª Dolores Lago Arce.


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 7)
https://cruceirosdegalicia.xyz/270652405.html
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=302
http://iselalolievg.blogspot.com/p/trabajo.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.

VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.34054692835
Lonxitude: -7.7412697899232
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84