Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Santaballa (San Pedro)
Lugar: Feiranova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa feita en cantaría granítica, cos muros revocados en morteiro e cuberta a dúas augas, agás no presbiterie que é a catro augas, e con pináculos de bola nos esquinais. A igrexa, reformada e ampliada no século XX, presenta presenta dúas naves.
A fachada principal posúe tres panos no que os dous laterais presentan portas de aceso co arco de medio punto. O pano central contén unha fiestra cadrada.
O conxunto remata cunha cornixa moldurada e cunha espadana de dous ocos con arcos de medio punto, un ocelo e unha cruz metálica no cume.

A igrexa parroquial ten por patrón a San Pedro xa que no pasado depositouse nela unha imaxe deste santo procedente da veciña parroquia de San Salvador e San martiño de Lanzós con motivo dun xuízo de profanación.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga un retablo maior (do século XIX), e outro lateral.
Tamén alberga varias imaxes como a da Nosa Señora do Rosario, un Ecce Homo (dos séculos XVIII), e outras entre as que destaca un San Miguel Arcanxo (do século XVII) restaurada no ano 2018.

No muro exterior podemos ver un reloxo de sol.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

SANTABAIA


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=302
https://www.elprogreso.es/articulo/a-chaira/vecinos-santaballa-recuperan-talla-barroca-antigua-iglesia-local/201805092010351311315.html

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.328054404599
Lonxitude: -7.7177078109334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84