
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Boizán (Santiago)
Lugar: O Castro
Outra denominación do ben: Cunca do castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Segundo podemos ler na bibliografía do arqueólogo Eduado Ramil Rego, o xacemento de Vixil : “ten planta oval cun único parapeto defensivo de 4 metros de alto e 13,5 metros de anchura media. Este parapeto está reforzado cara o SE por un foxo sobre o que discurre un antigo camiño.
As dimensións interiores do recinto son de 96 n no eixo N-S e de 114 no E-O, cun total de 4460 m2.
Na década dos 70 do século XX a abertura dunha canteira no seu interior que corta o parapeto Sur destrúe dita parte e deixa ao descuberto estruturas habitacionais e numeroso material.”
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA27065022
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Os materiais recuperados neste xacemento foron cerámicas (con decoracións moi variadas), diverso material lítico (machadas, 2 aixolas pulimentadas, un alisador de coiro, 2 pesas, 2 pedras de afiar e 2 muíños barquiformes) e metálico (tres nódulos de escoría férrica).
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 5)
https://www.xn--castillosdeespaa-lub.es/es/content/vixil
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=188
BIBLIOGRAFÍA
RAMIL REGO, Eduardo (1997). El castro de Vixil (Vilalba, Lugo). Estudio de materiales y nuevas perspectivas. Férvedes, 4.
RAMIL REGO, Eduardo. (1997). Xacementos castrexos do Concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Férvedes, 4.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.271323499077Lonxitude: -7.7005981075993
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84