Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: A Torre (Santa María)
Lugar: Penandrade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación relixiosa do ano 1930 de planta rectangular e con cuberta de xisto a dúas augas agás no presbiterio que é a catro augas, e pináculos de punta de diamante nos extremos.
A fachada principal presenta tres panos: no central aparece enmarcado con pilastras, e porta de acceso con arco de medio punto. Por riba dela unha xanela rectangular con arco de medio punto; nos laterais vemos pequenas xanelas rectangulares con arcos de medio punto.
No centro da fachada principal sitúase unha torre campanario de dúas alturas que remata cunha cruz metálica.

Fronte á igrexa podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/112385/2021/12/cruceiro-da-igrexa-de-santa-maria-de-a-torre/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior da igrexa alberga varios retablos de recente factura, e un conxunto de imaxes relixiosas entre as que destacan a da Nosa Señora da Asunción, San Roque, Santo Antonio de Padua e Santo Antón, todas elas dos séculos XVIII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

TORRE (SANTA MARÍA A TORRE)


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=311

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.246693352086
Lonxitude: -7.7164774884884
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84