Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Carral
Parroquia: Beira (Santa Mariña)
Lugar: Herves
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O pazo das Cadeas é unha construción do século XVII, situado no val de Barcia, na aldea de Herves de Abaixo, parroquia de Beira, compoñéndose o conxunto con pombal, hórreo e capela. O primeiro dono que se lle coñece ao Pazo das Cadeas é Don Rodrigo de Basante ou Basanta, rico comerciante que dotou de armamento a expedición ó Río da Prata que partiu de A Coruña o 15 de marzo de 1526. Dende aquela sábese que o pazo foi propiedade das familias Quiroga, Valdés ou Quindóns. Nas guerras carlistas foi utilizado como prisión, e actualmente o pazo destínase á celebracións de vodas e eventos varios.

Chamado así por contar na súa porta cunhas grosas cadeas, privilexio concedido en 1680 polo rei Carlos II (o “Dereito de cadea”, privilexio de poñer cadeas ás portas da súa casa) á dona do pazo, Dona Bernarda de Ulloa, que acollera durante unha noite á que sería a segunda esposa do rei español, Dona María Ana de Neoburgo, que se dirixía a Madrid para reunirse co seu prometido. Este mesmo privilexio concedeuse ao próximo Pazo de Galegos (Frades).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003273
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hoxe en día aínda existen as cadeas, e tamén se recordan lendas que as teñen por protagonistas. Dise que aquel que cometese un delito lonxe da parroquia e tocase as cadeas do pazo antes de que o collesen, quedaba libre; ou que naquelas agresións xurdidas nas parroquias, o agresor que tocaba as cadeas antes de ser atrapado, quedaba libre da pena (Santa Mariña de Veira, Xosé Lois Vilar Hermidas)


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– Santa Mariña de Veira, Xosé Lois Vilar Hermidas, 1999. Edita Concello de Carral, Concellalía de Cultura.
– Concello de Carral: https://www.carral.es/concello/areas/turismo-en-carral/patrimonio/arquitectura-civil/
– Video promocional de eventos no Pazo de As Cadeas: https://www.youtube.com/watch?v=V0ZeO6ZIruQ
– Pazos da comarca de Ordes (máis Carral e Abegondo): https://docs.google.com/presentation/d/1PFvqi0Sz-phhyXGxt6t1Fg29esErmyRT-q04oYunyaY/htmlpresent
– Reapertura do pazo de As Cadeas, “La Voz de Galicia”: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2016/10/05/reabre-espacio-esencia-real/0003_201610H5C8993.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.195618635947
Lonxitude: -8.3639216423035
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84