Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Pígara (San Pedro)
Lugar: Fontefría
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación relixiosa feita no ano 1900 sobre os restos dunha antiga capela. A igrexa que hoxe podemos ver é de estilo neogótico, de planta rectangular cunha soa nave con cruceiro, muros revocados e cuberta a dúas e catro augas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso con arco oxival e, sobre ela, unha pequena xanela co mesmo estilo de arco que a porta.
O conxunto remata cunha torre campanario en posición central.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga dous retablos de factura moderna feitos en madeira de castaño.
Tamén podemos ver varias imaxes como un San Roque, San Antonio e un Cristo, todos eles de factura popular e datadas no século XVIII.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
PXOM CONCELLO DE GUITIRIZ (Ficha 2.1-39 – páxina 40)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=278

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.206170877223
Lonxitude: -7.7279178160389
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84