Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Pígara (San Pedro)
Lugar: A Castiñeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela construída en pedra granítica e muros revocados, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso lintelada e, a un dos seus lados, unha xanela lateral que funciona como esmoleiro e na que aparece gravada a seguinte lenda:
“LIMOSNA.PARA
LA.VIRGEN. D.C.”
O conxunto remata cunha espadana dun so oco con pináculos e cruz de ferro no cume.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga un pequeno retablo coa imaxe da patroa do século XVIII. Outras imaxes son as de San Ramón Nonato e Santiago Apóstolo, ambas de factura popular.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
PXOM CONCELLO DE GUITIRIZ (Ficha 2.1-40 – páxina 41)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=278

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.193182331305
Lonxitude: -7.7353960582179
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84