Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Pígara (San Pedro)
Lugar: Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas de forma rectangular construído en pedra granítica por José Miragaya, veciño da parroquia de San Martiño de Pacios (Concello de Begonte).
Posúe un oco superior que, no pasado, albergaba a imaxe dun santo (posiblemente San Bieito) protexida do exterior por un cristal e uns barrotes de madeira. Por debaixo podemos ver o peto para as esmolas.
O conxunto remata cunha cuberta con forma de arco escarzano.

Este peto de ánimas, situado inicialmente na Pena do San Bieito, foi trasladado ao seu lugar que ocupa hoxe en día a mediados da década dos setenta do século pasado pola ampliación da estrada N- 634.

Próximo ao peto podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/112550/2022/01/cruceiro-de-ferreira/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
OS ESMOLEIROS DA TERRA CHÁ E AS SÚAS VINCULACIÓNS CON ALGÚNS SANTUARIOS CHAIREGOS.
JOSÉ MANUEL BLANCO PRADO, José Manuel (2011). Os esmoleiros da Terra Chá e as súas vinculacións con algúns santuarios chairegos. Revista de Investigación ETNOGRAFIA (3).

BLANCO PRADO, José Manuel (1997). O santuario do S. Benito de Ferreira (Pígara, Guitiriz, Lugo). O camiño, Asociación de amigos do Camiño de Santiago, El Progreso (Lugo), 12-5-1997 (en liña: https://galiciaencantada.com/archivos/docs/567_Texto.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.201848812878
Lonxitude: -7.7442705665753
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84