Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Pígara (San Pedro)
Lugar: Ferreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Capela feita no século XVII sobre outra anterior a base de cantaría granítica irregular na fachada principal e muros revocados no resto dos muros. Posúe planta rectangular coa sancristia adosada, e cuberta a dúas augas con pináculos de bola.
Na fachada principal podemos ver unha porta lintelada con dúas xanelas aos lados, e unha espadana dun so oco con remates en pináculos de bola.
No conxunto destaca tamén unha zona porticada con columnas de pedra e celosías.
Ao carón da capela podemos ver tamén a fonte da verrugas asociada á capela (http://patrimoniogalego.net/index.php/112562/2022/01/fonte-das-verrugas/)
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
No interior se custodia unha imaxe de San Bieito de Nursia do século XVIII, e outra da Nosa Señora co Neno e tres anxos na peaña do século XVII.
Tradición oral:
Na festividade de San Bieito os devotos visitan a igrexa e a fonte co fin de conseguir a proteción do santo e curar diversas doenzas humanas relacionadas coa pel (verrugas, eczemas…) e do gando vacuno e porcino.
A tradición recolle o ritual de poñer o Santo:
“Un fregués da parroquia é o encargado de facer, cunha imaxe pequena do santo, unha cruz por riba da cabeza dos devotos, mentres recita a seguinte xaculatoria:
“Por tu corazón bendito
santo del rostro moreno
de todo infernal veneno
líbranos santo bendito”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE GUITIRIZ (Ficha 2.1-41 – páxina 42)
https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/san-pedro-de-p%C3%ADgara
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=278
BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia
BLANCO PRADO, José Manuel (1997). O santuario do S. Benito de Ferreira (Pígara, Guitiriz, Lugo). O camiño, Asociación de amigos do Camiño de Santiago, El Progreso (Lugo), 12-5-1997 (en liña: https://galiciaencantada.com/archivos/docs/567_Texto.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.201196766388Lonxitude: -7.7459712928807
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84