Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Guitiriz
Parroquia: Pígara (San Pedro)
Lugar: Ferreira
Outra denominación do ben: Fonte de Ferreira - Fonte de San Bieito - Fonte do Santo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte construída en cantaría granítica formando parte dun pequeno muro.
Na parte baixa podemos ver un pequeno oco de onde nace a auga. Máis arriba existe unha lenda gravada que di:
“FONTE
DAS
VERRUGAS”.
O conxunto remata de forma triangular cunha cornixa e un pináculo de punta de diamante no cume.

Ao carón da fonte podemos ver a capela de San Bieito (http://patrimoniogalego.net/index.php/112558/2022/01/capela-de-san-bieito-5/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Na festividade de San Bieito os devotos visitan a igrexa e a fonte co fin de conseguir a proteción do santo e curar diversas doenzas humanas relacionadas coa pel (verrugas, eczemas…) e do gando vacuno e porcino.

A tradición recolle o ritual desta fonte:
A carón do santuario hai unha fonte chamada “fonte do santo”, na que noutrora os devotos mollaban os seus panos e logo pasábanos por aquelas partes dos seus corpos doentes”.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM CONCELLO DE GUITIRIZ (Ficha 3.4-19 – páxina 20)
https://www.concellodeguitiriz.com/gl/content/san-pedro-de-p%C3%ADgara

BIBLIOGRAFÍA
BLANCO PRADO, José Manuel (1997). O santuario do S. Benito de Ferreira (Pígara, Guitiriz, Lugo). O camiño, Asociación de amigos do Camiño de Santiago, El Progreso (Lugo), 12-5-1997 (en liña: https://galiciaencantada.com/archivos/docs/567_Texto.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.201332225839
Lonxitude: -7.7459583706885
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84