Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vilalba
Parroquia: Santaballa (San Pedro)
Lugar: Feiranova
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación do ano 1916 de dúas plantas, feito en cachotaría de lousa e cantaría granítica, composto de dous andares e con cuberta de lousa a catro augas.
A fachada principal presenta un corpo central desprazado cara adiante, con escalinata de acceso á porta principal. Por riba dela un balcón voado e, de remate, un frontón con pináculos de copa nos extremos. Dito frontón posúe unha cartela coa seguinte inscrición:
“LIGA SANTABALLESA”
DE EDUCACIÓN E INSTRUCCIÓN
1907 HABANA 1916.

Todo o conxunto de portas e fiestras presentan arcos escarzanos.

Este edificio foi mandado construír pola institución que aparece na cartela. Esta sociedade foi fundada na cidade da Habana por un grupo de emigrantes da comarca da Terra Chá que eran naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín. Nos traballos de construción participarón tamén veciños do lugar.

Hoxe en día o edificio serve como centro sociocultural. No seu interior existe un museo onde se recrea unha aula da súa época inaugural co mobiliario e material escolar orixinal.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Na fachada principal existen dúas placas conmemorativas. Unha delas en homenaxe á entidade promotora e aos socios fundadores, con data de 1929; a outra, do ano 1952 enaltece o labor do seu presidente de honra, o crego D. Domingo Pérez Ocampo, quen morre nese mesmo ano.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.331410187033
Lonxitude: -7.7201949282797
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84