Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Presqueira (San Martiño)
Lugar: Pidreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

A medio camiño entre Presqueira e Formigoso, na zona da Pidreira, en lameira de escasa pendente cara nacente, atopamos na súa parte alta unha pequena peneda que destaca levemente do terreo, sobre ela distínguense unhas oito cazoletas ben definidas e intúese algunha máis moi erosionada.
Están orientadas en dirección norte sur, pola zona mais alevada da pedra. Son todas de un tamaño similar, próximo ós 3cm de diámetro e 1cm de fondura, nas máis visibles.
Da coviña central sae unha canle de uns 30cm de longo e caendo pola pendente da peneda, en dirección nacente.

Faría falta unha limpeza da peneda para comprobar o tamaño e cantidade da gravura.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.222258
Lonxitude: -7.673382
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84