Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Mourence (San Xiao)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa feita en cantaría granítica cos muros revocados en branco, de planta de cruz latina cunha soa nave, e cuberta a tres augas con xisto e pináculos nos esquinais.
Presenta dúas capelas laterais, a da esquerda datada no século XV.

A fachada principal presenta unha porta de aceso central con arco de medio punto que da aceso a unha zona porticada. Por riba da porta unha fiestra de sección cadrada con lixeiro derrame interno. O conxunto remata cunha espadana de dúas alturas e tres ocos.

Neste mesmo lugar existíu unha igrexa do século XIII da que hoxe en día non se conservan restos.
A que podemos ver na actualidade é unha edificación do século XVIII.

Ao carón da igrexa atópase a reitoral (http://patrimoniogalego.net/index.php/112687/2022/01/reitoral-de-san-xiao-de-mourence/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior da igrexa existe un retablo maior de dous corpos datado na segunda metade do século XVIII.
Dos retablos laterais destaca un de época barroca con columnas salomónicas.
Entre a imaxinería relixiosa destacan as imaxes da Inmaculada, Santo Tomás de Aquino, a Virxe con Santa Isabel, a Virxe do Carme, San Xosé eSan Xulián (dos séculos XVIII).

Na zona porticada do exterios existe unha lápida coa seguinte inscrición:
“Aquí yace Don Antonio Pardo, Párroco de Mourence, 26 de Diciembre de 1811».


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=260

MOURENCE (SAN XIAO DE MOURENCE)

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.306103370652
Lonxitude: -7.6940130045858
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84