Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vilalba
Parroquia: Gondaísque (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación relixiosa do século XVI a base de cantaría granítica cos muros revocados en branco, de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a tres augas con xisto. A sancristía atópase na parte traseira. Esta igrexa foi reconstruída no ano 1963.
A fachada principal presenta unha porta de aceso central con arco de medio punto, un ocelo e, de remate, unha espadana de dúas alturas e tres ocos. Vemos tamén varios pináculos de punta de diamante.
Nun dos muros laterais destaca unha porta de aceso alintelada coas xambas decoradas con molduras con forma de puntas.

No interior destaca o xaspeado da porta da sancristía, do século XVIII.

No adro da igrexa podemos ver un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/112703/2022/01/cruceiro-no-adro-da-igrexa-de-gondaisque/).


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

A bibliografía consultada fala da existencia dunha pía bautismal labrada do século XVIII, a cal non atopamos.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

GONDAÍSQUE


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=230

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.301460097431
Lonxitude: -7.722867886238
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84