Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Gondaísque (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre dous chanzos de sección cadrada . A súa base troncopiramidal posúe inscricións, hoxe moi erosionadas e de difícil lectura.
A continuación o varal, cos extremos en sección cadrada e o resto en sección octogonal. Nesta última parte vemos símbolos da Paixón (escada, tenaces, …).
O capitel, parcialmente roto, posúe volutas e querubíns alados nas catro caras.
O conxunto remata cunha cruz que comeza en sección cadrada e continúa en ocotogonal. Os remates dos brazos son florenzados con botón central. Na cruz podemos ver as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI.

Este cruceiro atópase no adro da igrexa parroquial de Santa María de Gondaísque (http://patrimoniogalego.net/index.php/112695/2022/01/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-gondaisque/).


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://cruceirosdegalicia.xyz/270651001.html

GONDAÍSQUE


https://mondonedoferrol.org/includes/tabla-parroquia-ficha.php?id=230

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.

ARRIBAS ARIAS, Fernando (2009/2010/2011). Motivos ornamentais e iconográficos nos fustes dos cruceiros figurados da Terra Chá (Lugo). Boletín do Museo Provincial de Lugo (XIV).

VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.301188698581
Lonxitude: -7.7234043097999
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84