Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Distriz (San Martiño)
Lugar: A Fontechousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro do ano 1888 situado ao carón dunha encrucillada de camiños que nace sobre catro chanzos de sección cadrada. A súa base troncopiramidal presenta inscricións de difícil lectura pola súa erosión.
A continuación o varal de sección cadrada nos extremos e octogonal na súa parte media. Nel podemos ver varios elementos gravados relativos á Paixón de Cristo.
O capitel, troncopiramidal invertido, está decorado con volutas e querubíns alados nos catro lados.
A cruz é de sección cadrada coas arestas rebaixadas e os remates dos brazos florenzados. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo unha cartela de INRI e acompañado por dous santos aos lados e, no reverso, a Piedade con Cristo xacente no colo.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)
https://cruceirosdegalicia.xyz/270650802.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.
ARRIBAS ARIAS, Fernando (2009/2010/2011). Motivos ornamentais e iconográficos nos fustes dos cruceiros figurados da Terra Chá (Lugo). Boletín do Museo Provincial de Lugo, XIV.
VV.AA. (1975). Inventario artístico de Lugo y su provincia. Servicio nacional de información artística, arqueológica y etnológica. Ministerio de Educación y Ciencia

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.292654619744
Lonxitude: -7.7405565030342
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84