Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: A Cañiza
Parroquia: Parada de Achas (Santiago)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo aberto composto de dous bloques de cantaría granítica.
Posúe un retablo pétreo no que aparecen as imaxes de Santo Antón de Padua e dúas ánimas entre as lapas do Purgatorio.
No marco do oco do retablo existe unha lenda gravada moi erosionada que di:
“ACUERDATE HERMANO DE
FERNANDO MARTINEZ
MURIO AQUI EL AÑO DE 1848”.

Por diante do peto vemos unha pía bautismal na que verque a auga que sae dun cano situado debaixo do retablo.

Este peto – tumba atópase no cemiterio parroquial, xunto á igrexa de Santiago de Parada de Achas (http://patrimoniogalego.net/index.php/85259/2016/04/igrexa-parroquial-de-santiago-de-parada-de-achas/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/ACANIZA/documents/0764CA004.PDF (Páxina 13)

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello da Cañiza. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.173249888488
Lonxitude: -8.3048100843667
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84