Outra fotografía:
Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vilalba
Parroquia: Tardade (Santa María)
Lugar: Lameirós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Edificicación do ano 1923 feito a base de cantaría e cachotaría granítica, de planta rectangular composto de baixo e primeiro andar e cuberta a catro augas.
A fachada principal presenta unha planimetría simétrica cunha parte central que sobresae do plano, coa porta de aceso e unha balconada no primeiro andar, e un conxunto de xanelas rectangulares nos laterais.
O conxunto remata cun frontón triangular no que podemos ver unha placa de mármore coa seguinte lenda:
“CASA ESCUELAS DE
TARDAZ Y DISTRIZ
HOMENAJE QUE A D. MANUEL
PEÑA VIDAL DEDICAN AGRADECIDOS
LA COLONIA CUBANA Y LOS VECINOS
DE LAS CITADAS PARROQUIAS
1923”.
Este edificio foi erixido grazas á Sociedade Hijos de Tardad y Distriz (fundada na cidade de A Habana – Cuba por emigrantes destas parroquias vilegas) e en especial do emigrante retornado, o capitán Manuel Peña Vidal, que en 1916 decide facer un chamamento económico aos emigrados residentes na illa cubana. A este diñeiro súmase o traballo e o material dos veciños do lugar.
A escola contaba con dúas aulas, vivendas dos mestres e unha sala común que era empregada como sala de lectura.
No ano 1953 a mesma sociedade fará unha doazón para a construción da biblioteca.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Na actualidade o edificio serve de local sociocultural da asociación de veciños e telecentro.
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/
BIBLIOGRAFÍA
POMBO, Xosé A. (2009). A escola de Tardade e de Distriz: unha obra habaneira. Ed: Asociación Veciñal de Tardade.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.311035707965Lonxitude: -7.7431743577057
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84