Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vilalba
Parroquia: Codesido (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro de finais do século XIX que nace sobre unha plataforma de laxas. A súa base tronco piramidal con molduras da paso a un varal de sección cadrada nos extremos (a superior decorada con rombos e roeis) e octogonal na parte central. Nela podemos ver relevos da Paixón de Cristo: escada, puñal, martelo, tenaces e puntas.
O seu capitel é de sección cadrada decorada con volutas e querubíns.
O conxunto remata cunha cruz de sección cadrada, arestas rebaixadas e remates dos brazos florenzados con botón central. Posúe as imaxes de cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe con coroa e apoiada sobre unha pequena peaña o reverso.

Este cruceiro atópase no adro do Santuario dos Remedios (http://patrimoniogalego.net/index.php/113014/2022/01/capela-dos-remedios-7/).

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA007.PDF (páxina 6)

CODESIDO (SAN MARTIÑO DE CODESIDO)


https://cruceirosdegalicia.xyz/270650601.html

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando, BLANCO PRADO, José Manuel e SAAVEDRA PÉREZ, Mario (2011). Cruceiros do Concello de Vilalba. Ed: Instituto de Estudios Chairegos.

Cruceiro incluido en la ponencia “RELACIÓN ENTRE OS CRUCEIROS E CRUCES DA TERRA CHÁ E OS SEUS SANTUARIOS. CONCELLO DE VILALBA (IV)” presentada por José Manuel Blanco Prado, y publicada en el libro “Actas do VI Congreso Galego de Cruceiros”. Edita: ASOCIACIÓN DE AMIGOS DOS CRUCEIROS, CRUCES DE PEDRA E PETOS DE ÁNIMAS, 2015. Pág. 78.

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.33110572638
Lonxitude: -7.7924769539515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84