Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Cenlle
Parroquia: Laias (Santa Baia)
Lugar: Viñal do Rei
Outra denominación do ben: Castro de Laias
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Neste afloramento granítico situado na aba do monte de San Trocado (a uns 250 m.s.n.m.) atópase o xacemento do Castelo de Laias.
Cunhas dimensións aproximadas de 10 Ha. , o lugar foi escavado de urxencia no ano 1997 pola construción da autovía A-52. Dita obra levou por diante case todo o xacemento.

O castelo tivo unha ocupación longa; foi datada dende o século IX a.C ata o século I d.C.

No ano 1956 Chamoso Lamas levou a cabo un traballo de escavación no lugar. Os resultados desta investigacións relacionan o xacemento coa minería de ouro e outros minerais.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32025008
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Os diferentes traballos de escavación levados a cabo neste lugar antes da súa desfeita pola autovía A-52 deron como resultado o descubrimento de diferentes materiais cerámicos, pesas de cantos, muíños de granito e útiles líticos relacionados co tratamento do coiro.

Tamén se documentaron catro construcións circulares, silos e a posible presenza dun templo. Este último consxunto atopábase rodeado dunha muralla.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://lambrica.webnode.es/o-castelo-das-laias/
http://www.blogoteca.com/lambrica/index.php?cod=123310
http://www.blogoteca.com/lambrica/index.php?cod=155358

O Castelo de Laias, un xacemento prerromano destruído pola autovía


https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
https://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/cova-da-moura/

BIBLIOGRAFÍA
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Yolanda (2019). El poblamiento castreño en la cuenca media del Miño: una visión diacrónica y territorial en la cuenca del Barbantiño. Tese doutoral. Universidade Complutense de Madrid.
ÁLVAREZ GONZÁLEZ, Y.; LÓPEZ GONZÁLEZ, F.: “La secuencia cultural del asentamiento de Laias: evolución espacial y funcional del poblado” en 3º Congresso de Arqueologia Peninsular. Actas. Vol. V. Proto-história da Península Ibérica. ADECAP. Porto. 2000.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33417373924
Lonxitude: -8.0192014394726
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84