Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sobrado / Terra de Melide (comarca)
Parroquia: Cumbraos (San Xiao)
Lugar: A Armada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de nave rectangular e tellado a dúas augas con cuberta de tella do país. Fachada de sillería granítica con porta alintelada, fornela central cunha imaxe da virxe e unha ventá para dar luz ao interior. Ramata na parte superior con espadana para unha campá. Cara a parte dereita da fornela podemos ver un escudo de armas. Nunha consulta realizada á ASOCIACIÓN ACADEMIA DE GENEALOGÍA HERÁLDICA Y NOBILIARIA DE GALICIA, o seu presidente Carlos Acuña Rubio indicounos que é: “Escudo timbrado de yelmo partido de: 1°) Losada, una losa de pizarra cargada sobre tres lagartos, y bordura cargada de cinco aspas de San Andrés; 2) Sotomayor, tres fajas jaqueladas de cuatro ordenes de escaques separados cada dos órdenes por un filete o ceñidor. En 1649, fecha probable del escudo, doña Antonia de Losada y Sotomayor fundó el mayorazgo de San Xiao de Cumbraos, con la obligación de que sus poseedores exhibiesen los apellidos y blasones de Losada y Sotomayor”.

Cabe sinalar tamén, que a casa que se atopa xunto a capela foi fundada por Pedro Sánchez Barallobre, home ilustrado da estirpe dos Barrallobre do próximo Pazo de Golmar.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/SOBRADO/documents/26732ca035.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.06571
Lonxitude: -7.979744
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84