Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Carral
Parroquia: Tabeaio (San Martiño)
Lugar: A Eirexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

A igrexa actual modificou outra anteriormente existente, conserva a fachada e o campanario en pedra, quedando o resto do edificio recebado. Fachada con porta alintelada e unha fiestra rectangular na parte central. No seu cume, sobre base cadrada, leva espadana con dos ocos rematados en arco de medio punto. Na parte superior remata en gablete con pináculos de bóla nas esquinas e unha cruz.
Baixo a fiestra disponse unha curiosa talla dunha cabeza coroada, probablemente situada durante a nova construción, modificando a ubicación orixinal na antiga igrexa.
No seu interior retablo con imaxes de San Xosé, o Sagrado Corazón de Xesús, San Martiño e San Roque.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

As festas de San Martiño de Tabeaio celébranse durante o 11 de novembro (santoral de S.Martín de Tours).


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A Igrexa non se atopa inventariada nin catalogada:

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

Catálogo no PXOM do Concello de Carral, ano 1993. http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARRAL/documents/0112CA003.PDF


Onde está localizado

Latitude: 43.246265578357
Lonxitude: -8.3606493473053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84