
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Culleredo
Parroquia: Castelo (Santiago)
Lugar: Folgueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:
Edificación de planta rectangular e volumetría sinxela cun único andar. A estrutura é de muros portantes de cachotería enfuscada con cantería á vista nos recercados dos ocos. As carpinterías son de madeira coas contras cara ó exterior. A cubrición é a tres augas con chapas de fibrocemento e cheminea de grandes dimensións. Cabe destacar o soportal formado pola prolongación do beirado sobre unha gran viga de madeira, que se apoia nos muros laterais e no centro en dous esveltas columnas de granito molduradas. Constaba de dúas portas de acceso, mantendo unha disposición regular. Unha delas pechouse, formando agora unha fiestra. A porta de acceso sitúase no centro da fachada, coas fiestras e dous bancais de pedra, ós lados.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Catálogo de Patrimonio do Concello de Culleredo: http://www.culleredo.es/download_memorias.php?file=TVIII_CATALOGO%20PATRIMONIO_12-12.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.237864167424Lonxitude: -8.3865418341346
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84