
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Fiopáns (San Pedro)
Lugar: Alde
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño de planta rectangular con cuberta de tella curva a dúas augas. Feito a base de perpiaños e cachotería granítica con entrada alintelada. O seu funcionamento e por sistema de canle, que leva a auga ata o rodicio. Está a carón do río Portalaxe, afluente do Tambre, na área regreativa de Fiopáns.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Foi rehabilitado recentemente, no que se investiron 15.600 euros de fondos do concello, para substituír a madeira do interior, poñer un novo tellado, encintar a parede exterior para garantir a conservación deste muíño, no que a veciñanza continua moendo coma fai anos. É o único en funcionamento no concello.
A restauración do muíño da Calexa xa se intentara hai anos por parte do Concello, cando a Deputación da Coruña sacara o plan de arquitectura popular. Agora, a veciñanza asinou a cesión necesaria para que o Concello puidese acometer as obras, pero mantendo a titularidade do inmoble. A cambio desta rehabilitación, a veciñanza comprometeuse a permitir a visita dos escolares do concello, para que poidan coñecer o funcionamento do muíño e, o oficio de muíñeiro.
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.938865Lonxitude: -8.691626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):





