Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Orazo (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa de Orazo é resultado da execución de diferentes etapas construtivas. A primeira campaña daría orixe a un templo prerrománico, datado en torno ao século X, do que se conserva unha peza alongada a modo de lintel sobre a porta da sancristía con decoración de sogueado (Segundo Yzquierdo Perrín, o fragmento citado podería formar parte dunha mesa de altar, como no caso de Santa María do Naranco).

Nunha etapa posterior, levaría a cabo unha importante reforma, na que, partindo dos cimentos da anterior, construíuse un novo templo románico, doado a Santiago en 1115 pola raíña Dona Urraca, e do que aínda se manteñen interesantes vestixios nos seus muros, entre eles, quedan seis canterías con inscricións, estudadas por Fermín Bouza Brey nos seus Epígrafes Medievaes da Eirexa de Ourazo.

Finalmente, xa en época moderna, efectuaríase a actual fachada occidental coa poderosa torre-campanario que a remata, construída no estilo denominado “barroco compostelán”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Orazo,_A_Estrada

https://docplayer.es/95043486-Los-ulloa-de-san-pedro-de-orazo-a-estrada-pontevedra.html

https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Orazo.pdf

https://www.tabeirosmontes.com/orazo-san-pedro.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.738991
Lonxitude: -8.354269
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84