Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Loimil (Santa María)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A capela de Saleta en Loimil: ten planta rectangular, unha fachada con porta de medio punto e diante un pórtico cun telladiño cuberto a tres augas sostido por pilares. Cornixa moldurada ao redor dos muros e tellados a dúas augas. No interior cuberta de madeira plana nun só tramo.
Esta capela foi modificada e aumentada sobre doutra que xa existía co nome de capela da Concepción, fundada polo cura Rosendo Vaamonde segundo testamento que outorgan en 1690 perante o escribán Andrés de Nodar. A renovación fíxose sendo cura párroco Ramón Valenzuela no ano 1960. Ten ao seu redor unha carballeira milenaria, dotada con mesas e bancos de pedra e grellas onde os romeiros xantan o día da Saleta.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/AESTRADA/documents/27777ca004.PDF
(páxina 9 de 73 do pdf)
https://www.tabeirosmontes.com/loimil-santa-mariacutea.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.74745Lonxitude: -8.366145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84