Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cambre
Parroquia: Cecebre (San Salvador)
Lugar: Sobreguexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo barroco de planta rectangular cunha soa nave, e dous pequeno corpos apegados ós muros leste e sur do muro norte que funciona como sancristía.

A fachada de estilo barroco dividese en tres faixas verticais, con volutas que adornan os vértices da edificación no extremo superior. No medio sitúase a porta e unha fiestra alintelada que ilumina o coro.

A espadana é de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxar as campás. O segundo un frontón triangular curvo flanqueado por dous pináculos moldurados con bóla, rematando o conxunto outro pináculo similar cunha cruz de forxa enriba.
Na casa reitoral da igrexa hai un lintel granítico cunha cruz esculpida.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000002627
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia. http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

Referencia na páxina 6943. BOP nº222 (27 Setembro 1994).http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBRE/documents/0091NO003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.291654106697
Lonxitude: -8.3012437820435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84