Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Campo Redondo (Santo André)
Lugar: Santo André
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre un chanzo de sección cadrada.
A súa base cúbica posúe as arestas superiores rebaixadas.
O varal acanalado nace en sección cadrada e continúa en cilíndrica con pérdida de masa na súa subida. Nela podemos ver varios símbolos da Paixón (tenaces, martelo, escaleira e látego) e unha composición na que aparecen Adán, Eva e unha serpe que rodea a parte baixa do varal.
A continuación o capitel, decorado con follas de acanto e querubíns.
O conxunto remata cunha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM Concello de Ribadavia (ficha E_012)
https://cruceirosdegalicia.xyz/320690101.html

BIBLIOGRAFÍA
BLANCO RODRÍGUEZ, Susana e GONZÁLEZ HERMIDA, Celsa. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Ribadavia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).

PINO PÉREZ, Rubén e GARCÍA JANEIRO, María Jesús. (2013). Cruceiros do concello de Ribadavia. Patrimonio de Galicia, Ribadavia.

GULÍAS LAMAS, Xesús Antonio. (2017). Viacrucis e Piedades do Ribeiro. Traballo presentado en VIII Congreso galego de Cruceiros. Ed: Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.320625668319
Lonxitude: -8.1090818609882
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84