Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...), Reitoral,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Campo Redondo (Santo André)
Lugar: Santo André
Outra denominación do ben: Museo do viño de Galicia
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación do século XVIII feita en cantaría granítica labrada e escuadrada, de planta rectangular con tres andares e cuberta a catro augas.
A súa fachada principal destaca polos seus sete arcos de medio punto. A continuación un conxunto de xanelas; as do centro do pano posúen un balcón voado.

O edificio foi primeiramente casa de priorato dependente do Mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, e que funcionaba como granxa vitícola. Posteriormente pasou a funcionar como reitoral ata o seu abandono no século XX.
Dende o ano 2019 o edificio acolle o Museo do Viño de Galicia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No seu interior podemos ver diferentes elementos relacionados co mundo do viño, como dúas galerías subterraneas escavadas na roca que atravesan lonxitudinalmente o edificio, e rabeiras e pensos dos antigos 5 lagares dispostos en batería que posuía este lugar.

Nunha dependencia anexa hai un forno para a cocción do pan.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
PXOM Ribadavia (ficha A_020)
https://museovinogalicia.xunta.gal/es
https://museos.xunta.gal/es/museo-do-vino-galicia
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200707000125/museo-do-vino-de-galicia?langId=es_ES&tp=13&ctre=75
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2020/10/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.32117307958
Lonxitude: -8.1091583278886
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84