Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)
Lugar: Trasouteiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
No lugar de Trasouteiro, preto da súa capela, atópase este esvelto cruceiro de plataforma octogonal con cinco chanzos. Sobre este baseamento érguese o pedestal cuadrangular rematado con chafráns. O varal é octogonal rematado con estrías. Nel encáixanse dúas figuras; unha delas, Santiago Apóstolo vestido de peregrino con vieira na parte superior.
Suxeita o varal un capitel cuadrangular con volutas, follas e cabezas de anxo con ás. Sobre el a cruz de brazos con chafráns. A imaxe está ós seus pés: San Francisco de xeonllos rezando.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Martin Ruiz, Luis: “Cruceiros na provincia da Coruña” (Vol IV). Deputación da Coruña 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Construíuse un pequeno valado por riba do cruceiro, como tentando marcar que parte do ben posúe outra propiedade.
Onde está localizado
Latitude: 43.10522074260442Lonxitude: -9.027564525604248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84