
Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Culleredo
Parroquia: Santiago de Castelo
Lugar: Xalo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Hórreo de madeira sobre seis pés con tornaratos de pedra circulares e teito de tella. Dispón nos cabeceiros de sinxelas ornamentacións de madeira.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Este hórreo esta descrito no PXOM de Culleredo da seginte maneira :”Hórreo do tipo Mariñan, de planta rectangular e estreito. A suspensión realízase sobre pés de pedra, baixos e cónicos, estreitándose cara arriba. Os tornarratos sobre cada pé son circulares, de diámetro reducido. A cámara é totalmente de madeira. Sobre os tornarratos colócanse a grade horizontal constituída pola padieira de madeira enriba da cal se sitúan as columnas de madeira. A cámara péchase mediante pasaventos de madeira formados por doelas verticais e dúas faixas en posición horizontal que reforzan a estrutura. A cuberta resólvese con tella curva a dúas augas. O aleiro sobresae pouco da liña dos costais e moito nos penais onde posúe motivos xeométricos de marquetería. Nos extremos colócanse unha cruz e un lampión ornamentais executados con madeira. O acceso faise por unha única porta no costal.”
Referencias bibliográficas:
Catalogado no PXOM de Culleredo, CÓDIGO 10-08, Grao de Protección: Integral.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.240389073383Lonxitude: -8.3956251956751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84