
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Esposende (Santiago)
Lugar: Os Cotos - Alto de Santa Bárbara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
No denominado como Alto de Santa Bárbara podemos ver este cruceiro feito en pedra, recuberto en cemento e pintado de blanco que nace sobre unha plataforma de factura recente e na que aparecen gravados dous nomes: “BENITO e ALFREDO”.
A súa base, de sección irregular, contén un gravado do que pode ser o ano da súa feitura: “1935”.
O seu varal é de sección irregular.
Tanto o varal, o capitel como a cruz aparecen cubertos polo cemento. Aínda así é posible adiviñar que os brazos da cruz son de sección octogonal.
Segundo a bibliografía consultada: “non se atopa no seu asentamento orixinal, (…) foi especialmente maltratado polos vándalos que o tiraron e romperon en varias ocasións. Para evitalo, os veciños recubrírono de cemento e pintárono de branco, polo que é difícil adiviñar a súa estructura.”
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Este cruceiro foi erixido para calmar a mala climatoloxía, evitar os raios, as treboadas e cairos fortes con pedrazo, etc”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM Concello de Ribadavia (ficha e_009)
https://cruceirosdegalicia.xyz/320690202.html
BIBLIOGRAFÍA
BLANCO RODRÍGUEZ, Susana e GONZÁLEZ HERMIDA, Celsa. (2009). Cruces, cruceiros e petos do concello de Ribadavia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
PINO PÉREZ, Rubén e GARCÍA JANEIRO, María Jesús. (2013). Cruceiros do concello de Ribadavia. Patrimonio de Galicia, Ribadavia.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.327029220902Lonxitude: -8.0980829650511
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84