Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ribadavia
Parroquia: Esposende (Santiago)
Lugar: Esposende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificación relixiosa feita en cantaría granítica, de planta rectangular e cuberta a dúas augas con pináculos de bóla nos extremos. A sancristía atópase nun dos muros laterais. Foi reformada varias veces, a última no ano 1812. A fachada principal presenta porta de acceso lintelada e, por riba, unha pequena xanela cadrada con moldura.O conxunto remata cunha espadana de dous corpos con arcos de medio punto que remata con cruz pétrea. No cume e pináculos nos laterais. No interior destaca o arco da capela maior.Na fachada principal existe varias pedras con diferentes gravados.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

O interior alberga varios elementos destacados como un retablo adicado á Virxe do Portal (do século XIX), unha cruz procesional do ano 1732 realizada por Nicolás Domínguez (prateiro de Redondela – Pontevedra), e unha coroa do século XX.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Concello de Ribadavia (ficha A_014)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.326705121415
Lonxitude: -8.1096927284462
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84