Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Caritel (Santa María)
Lugar: A Pousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base no que o verde da carriza deixa ver unhas molduras con forma de voluta.
O varal, de sección cilíndrica, dá paso a un capitel con volutas nas esquinas, querubíns nos catro lados e decoración vexetal na parte baixa.
O conxunto remata unha cruz de sección cilíndrica con nós na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Piedade no reverso.

Dende aquí quero agradecer aos donos do cruceiro a súa amabilidade por deixarnos entrar na propiedade e facer as fotos. Moitas grazas!


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este cruceiro atopábase no parroquia de Berducido (A Lama) tirado no chan despois de que o tirara un camión.
Pasado uns anos o propietario regaloullo aos donos actuais.


Referencias bibliográficas:

REFERENCIA WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360430202.html

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. (1990). Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas. Ed: Concello de Ponte Caldelas


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.382021379501
Lonxitude: -8.4529401874613
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84