Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fornelos de Montes
Parroquia: Laxe, A (San Xosé)
Lugar: Entrerríos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Cruceiro da Laxe, segundo pon na súa base, está datado do ano 1784. Ten máis inscricións pero non son doadas de interpretar polo seu desgaste.

No fuste posúe o elemento máis curioso. Hai moitos cruceiros nos que se sole usar a serpe como motivo de representación do pecado orixinal entregando a mazá a Eva. Pero neste caso é distinto xa que a serpe atópase abrazando unha caveira que nos observa fixamente.

Sobre esta atópanse representadas as ferramentas da paixón de Cristo, despois un capitel con motivos florais e catro pequenos anxos. No alto un Cristo crucificado, co torso moi marcado, e no reverso a Virxe en actitude orante.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://usuarios.multimania.es/jufp/cruceiro_Laxe.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase no medio dunha estrada sen moita protección.


Onde está localizado

Latitude: 42.35010399618615
Lonxitude: -8.385277390480042
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84