Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ribadeo
Parroquia: Ribadeo (Santa María)
Lugar: Ribadeo - Rúa San Roque 69
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación do ano 1910 promovida pola familia Lanza construída en cantaría granítica cos muros enfoscados e pintados. Posúe planta irregular, con soto, 2 andares e baixo cuberta con lousa.
O conxunto destaca pola súa ornamentación de estilo modernista e unha arquitectura ecléctica.
No primeiro andar destacan os ocos con arcos curvos e unha zona poticada nunha composición asimétrica.
O segundo andar presenta ocos lintelados. Nun desde ocos vemos un balcón con varanda metálica.
O elemento máis destacado e a torre coa cúpula bulbosa e ollos de boi.

O edificio atópase rodeado dun fermoso xardín de estilo indiano.

Ao seu carón podemos ver a coñecida como Casa dos Ananos (http://patrimoniogalego.net/index.php/113731/2022/03/casa-dos-ananos/)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/RIBADEO/documents/27886ca008.PDF (ficha 08.19 – páxina 21)
http://turismo.ribadeo.gal/info.php?id=11&idioma=es&cat=1&sec=21

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA.(2000). Casas de Indianos. Ed: Xunta de Galicia (en liña: https://emigracion.xunta.gal/files/ebiblioteca_files/Casas_de_Indianos.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.537490747413
Lonxitude: -7.0453484990953
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84