Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Taboadelo (Santiago)
Lugar: Taboadelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Conxunto formado por dous cruceiros:

* O primeiro deles nace sobre tres chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica presenta un gravado nunha das súas caras, “1674”. O varal, de sección octogonal, posúe relevos da Paixón de Cristo (unha escada, un cáliz, unha soga, un látego, unha lanza, tenaces , tres cravs e un martelo). O capitel moldurado presenta volutas e cabezas de anxo nos catro lados. No cume vemos unha cruz tipo latina na que aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e unha pequena Virxe sobre unha peaña con forma de cabeza de anxo no reverso.

* o segundo cruceiro nace sobre tres chanzos de sección cadrada, ainda que o superior aparece parcialmente estragado. A súa base cúbica da paso a un varal de sección octogonal no que podemos ver unha imaxe de San Xudas Tadeo na súa metade. A continuación un capitel moi semellante ao anteriomente descrito aínda que de maior volume. O cruceiro remata cunha cruz tipo latina na que aparece a imaxe da Virxe sobre unha peaña con frmoa de anxo alado no anverso. O reverso da cruz posúe diferentes motivos gravados.

Estes dous cruceiros marcan o remate do Vía Crucis (http://patrimoniogalego.net/index.php/109690/2021/04/via-crucis-da-igrexa-parroquial-de-santiago-de-taboadelo/) que sae da igrexa parroquial (http://patrimoniogalego.net/index.php/109686/2021/04/igrexa-parroquial-de-santiago-de-taboadelo/)

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. Cruceiros, cruces e petos do Concello de Ponte Caldelas. Ed. Concello de Ponte Caldelas. 1990

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.379777201912
Lonxitude: -8.551746476762
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84