Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: A Lama
Parroquia: Verducido (San Martiño)
Lugar: A Freixa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ponte de cantaría de cinco arcos erguida sobre o río Parada, afluente do Almofrei. Ten forma alombada e o arco maior posúe 11 metros de luz. Percorría o antigo Camiño Real entre Ribadavia e Pontevedra. Na súa calzada obsérvanse varios apartadoiros que indican que debía de ser moi transitada xa que poderían coincidir varios carros cruzándoa o mesmo tempo.
Nun dos lados da ponte atópase unha cruz que pode que formara parte do mesmo nos seus tempos. A maleza dos arredores fai moi complicado ter unha boa vista do mesmo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34605211418822Lonxitude: -8.415650725364685
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Santiago Vaqueiro says:
Mar 11, 2014
O río Parada ou Valdohome (no século XIX, río Anceu) non é afluente do Almofrei; é afluente do río Oitabén.
A Ponte de Anceu non está no lugar de A Feixa. Está entre os lugares de O Eido Baixo (San Martiño de Berducido) e Os Campeliños (Santa María das Estacas).
A cruz que se atopa a saída da ponte, no lado de Os Campeliños, quizabes estea marcando o cruzamento de camiños, porque naquel punto encontranse: o camiño que ven de Verducido cruzando a ponte, o camiño de As Estacas, o camiño que ven de Os Campeliños e un camiño (hoxe intransitábel) que cruza o río nun vao que hai preto da ponte río arriba.
Neste lugar, tamén se encontran os Muiños de Anceu, citados en documentación de comezos do século XIX. Non hai muito un deles tiña o interior ben conservado.
Como parte deste conxunto hai a poucos metros unha pontella que, no camiño de As Estacas, cruza o río de Couñago (río Caudaloso no século XIX). Esta pontella está e moi mal estado e pode desaparecer con calquera enchente.
Oscar Franco says:
Feb 1, 2017
A prensa escrita do 27 de xaneiro de 2017 recolle a nova da restauración desta ponte:
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/01/27/lama-impulsa-restauracion-medieval-ponte/1612424.html