Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Tordoia
Parroquia: Númide (Santiago)
Lugar: Liste
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular rematado en chafrán. O varal é cadrado con mediacana. Ten un capitel troncopiramidal invertido con cabezas de anxo con ás. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e ramates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Inmaculada coroada, coa lúa aos seus pés sobre unhas nubes e coas mans xuntas no peito. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/TORDOIA/documents/28209ca006.PDF (Páx. 62).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.059235642822
Lonxitude: -8.4657042494722
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84