Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Culleredo
Parroquia: Celas (Santa María)
Lugar: Vinxeira Grande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Hórreo do tipo Morrazo de planta rectangular, estreito, longo e baixo. Elévase sobre dúas cepas de cantería nos extremos e dous pares de pés cuadrangulares, no medio. Posúe tornarratos transversais de forma rectangular sobre as cepas e tornarratos circulares coas caras inferior e superior planas, sobre os pés. A cámara é totalmente de pedra cos costais executados en cantería de granito labrada, constituíndo unha celosía. Colócanse prismas cuadrangulares coa altura do costal entre a padieira e a soleira de pedra. Os prismas, tallados xeometricamente sitúanse coas arestas en contacto, deixando entre elas unha estreita separación para que poda pasar o aire.
Ademais posúe dúas columnas intermedias na vertical dos pés, executadas en pedra e orientadas paralelamente ós costais. Os penais executanse con cantería á vista, nun lateral disponse a porta e no outro escávanse ocos de ventilación. A cuberta resólvese a dúas augas con chapas de fibrocemento. O aleiro sobresae pouco da liña dos costais. Sobre os pinches de cantería dos penais que se elevan por riba da cuberta, colócanse os gardaventos de pedra e como remate a cruz e o lampón ornamentais, un en cada extremo. O espazo inferior entre cepas aprovéitse como requeixo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– PXOM Culleredo (Tomo VIII do Catálogo de Patrimonio): http://www.culleredo.es/download_memorias.php?file=TVIII_CATALOGO%20PATRIMONIO_12-12.pdf

– Protección xeral a todos, de máis de cen anos de antigüidade, segundo Decreto 571/1963, do 14 de marzo, e con consideración de Ben de Interese Cultural pola disposición adicional segunda da Lei 16/85, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

– Mapa das parroquias de Galiza: http://descargas.xunta.es/c375b824-771c-4132-bba9-36edeeebaa4a1495189287076


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.255280431442
Lonxitude: -8.3926558407019
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84