Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Coucieiro (San Vicente)
Lugar: A Tapada (Penelas)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Peneda de 7.5m de longo por 2m de ancho e 1.3m de alto, na zona da Tapada, que nos mostra unha curiosa gravura feita na súa parte superior achaiada. Destacan uns sucos paralelos e practicamente equidistantes, orientados de norte a sur. Algún de eles aproveitando unha fenda natural da rocha.

Na zona central da pedra, e arrimada cara o lado sur, vemos unha composición de varios elementos que nos chama a atención. Dita figura está formada por varias coviñas, unhas circulares e varias alongadas, dispostas arredor de unha forma semicircular composta por dous sucos curvos. Pola superficie da peneda podemos distinguir varias coviñas esparexidas, algunha con suco saíndo de ela, con un diámetro aproximado de entre 3 e 4cm e unha fondura de uns 2cm, ademais de unha cruz que podería ser de termo.

Algunha das cazoletas maiores posiblemente estean repicadas en época mais moderna. Ademais de faltar algún anaco da peneda orixinal, polo cal e posible que o panel nos estea completo.
Descoñecemos que pode representar o conxunto, aínda que se nos entoxe que pode ser a representación da posta do sol, que se vería “tal cual”, se nos situamos ó pé da peneda mirando cara poñente e se o borde da peneda fose o horizonte.

A gravura foi localizada por Lucia Pazos. Durante a pandemia do 2020.
Fotos: Alex Negreira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://megaliticia.blogspot.com/2022/03/Petroglifos-da-Tapada.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.257815
Lonxitude: -7.77231
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84