Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cerceda
Parroquia: Rodís (San Martiño)
Lugar: O Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas, de estilo románico e probablemente iniciada durante o século XII aínda que tivo reformas posteriores. A sancristía sitúase nun volume anexo no lateral da nave na fachada Sur. A estrutura resólvese mediante sillería vista en todo o conxunto, dispoñéndose de dúas liñas de contrafortes románicos; a sancristía está construída con cachotería vista.
Nos muros laterais consérvanse as trazas de arcos de medio punto dos primitivos accesos.
Nos aleiros da cuberta dispón de diversos canzorros decorados con motivos xeométricos.
No adro exterior existen dous sartegos antropomorfos e unha lauda na que é posible apreciar o gravado dun xogo de fichas realizado con posterioridade.
Destaca o campanario cadrado e aberto con catro arcos de medio punto destinado a aloxar as campás. Sobre el un segundo corpo abovedado repite tamen a disposición de catro aberturas, con decoración de elementos barrocos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000003508
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Artigo da Fundación Santa María la Real (www.romanicodigital.com): https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/Rod%C3%ADs.pdf
– Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia: http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
– Nova na prensa ante a descuberta de pinturas murais no interior do templo: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2020/06/21/polemica-cerceda-datacion-pinturas-descubiertas-iglesia/0003_202006G21P14993.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.140467477676Lonxitude: -8.5289525985718
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 25, 2022
A prensa dixital de xuño de 2020 recolle a aparición dunhas pinturas murais no interior desta igrexa que poderían ser do século XVI:
http://historiadegalicia.gal/2020/06/descubren-pinturas-murais-do-seculo-xvi-na-igrexa-de-san-martino-de-rodis-de-cerceda/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2020/06/19/descubren-iglesia-rodis-pintura-mural-siglo-xvi/0003_202006G19P14991.htm
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2020/06/21/polemica-cerceda-datacion-pinturas-descubiertas-iglesia/0003_202006G21P14993.htm
https://www.crtvg.es/informativos/descuberto-un-fresco-oculto-secultos-na-igrexa-de-rodis-en-cerceda-4458786